martes, 16 de marzo de 2010

ENTREVISTA A FINA CASALDERREY


Redacción: Helena Jamardo, Carlos Deán, Federico Delapeña e María Lois Abal.

O mércores día 10 de marzo viu á Biblioteca de A xunqueira 2 a ecritora Fina Casalderrey. Disfrutamos moito da súa charla e para que poidades saber algo máis do que nos contou deixámosvos esta etrevista que lle fixemos.

HELENA.-A ti de pequena, gustábache ler? Pensabas que serías escritora?

FINA.-Eu daquela, xa vivía en Lérez e nin soñaba con escribir, moito menos en galego. Empecei a escribir obriñas de teatro par representar cos meus alumnos .
Estaba menos preparada que vós.
É guai saber ler!

CARLOS.- Recordas cantos libros tes escrito ao longo da túa vida? Tes algún favorito?
E podías decirnos un libro que che guste moito sen ser dos teus?

F.- O número exacto non o recordo, arredor de 50 publicados. Tamén hai relatos en libros colectivos.
Un dos libros meus que teño no corazón é “O estanque dos parrulos pobres”, outro que se volvese a escribirnon modificaría é “Dúas bágoas por máquina”.
Hai un libro que sempre me ven á mente “O principiño”. Seino de memoria. Cada vez que o leo dime cousas novas.
As palabras teñen maxia, teñen moita forza. Ás veces faiche chorar máis unha palabra que unha zurra no cú.

FEDERICO.-Das ilustracións dos teus libros... Cal é o ilustrador que máis che gusta? Cal é ao que máis coñeces?

F.- O que máis coñezo é Manuel Uhía que me ilustrou moitos libros. Tamén me gusta Noemí López que cun tema tan terrible como o de “Xela volveuse vampira” fixo cousas moi lindas. Tamén me gusta Patricia Castelao que ilustrou o de “ A Lagoa das nenas mudas” que acabades de ler.
Teño un problema: cando me gusta unha ilustradora ou ilustrador... Xa non busco outro!

MARÍA.- Como se che ocorreu a historia de “ A Lagoa das nenas mudas”? Está baseada nalgún feito real?

F.- Tiven unha alumna que case non falaba con ninguén. Falaba baixiño, baixiño...
E o resto imaxinabao eu.
Tamén chegaron ao meu centro de Marín dúas nenas bonitas como un sol, de Serra Leona , o primeiro día ao entrar na clase un neno berroulles: Negras! Aquilo pareceume que rascaba na alma por dentro. Ao neno, que no era moi listo, perdoeino enseguida...E todo isto influíu ao escribir esta historia.
Non estiven nese país pero lín moitísimo sobre él e notaba comoestivese alí. Vivín moitas cousas que conto alí...Pois imaxineinas.

MARÍA.- Deixamos para o final o libro que foi Premio Nacional de literatura “O misterio dos fillos de Lúa”.En que te inspiraches para escribilo?

F.- A miña tía, aquí presente, sabe que existiu unha gata que atopamos nun camiño. Cando ía ter gatiños chamaba por nós, miañaba para que estivesemos perto dela. Grabámola parindo. A gata estaba con dor, naceu un gatiño e ela xa o estaba acariñando aída que seguía coa dor do parto. Pareceume tan bonito que quixen poñelo nun libro!

Deste encontro con Fina Casalderrey soubemos que a súua tía é a profe Mari Carmen, a de ximnaxia.
Soubemos que anda atrapando palabras, palabras bonitas que brillen! E contounos unha historia na que vimos como unha frase final pode transformar unha historia noutra completamente diferente. Outro día contarémola!
Tamén dixo Fina que se pode vivir sen ler, temén se pode vivir sen amigos- hai xente que non os merece!
Pero é mellor ter amigos... como tamén .. é mellor ler!

No hay comentarios:

Publicar un comentario