martes, 25 de mayo de 2010

TÍTERES NA ESCOLA


Foto: Mercedes Vázquez
Redaccción:Miguel Villaverde Padín

Os alumos de 6ºB, creamos uns títeres na clase de plástica có profesor Xose Manuel. Foi moi entretido, fixémolos con : papel de periódico, papel de estraza., cola de carpinteiro, lá, pintura, serrín e un pau de escoba. Os monecos eran de manopla e os actores que lle daban vida foron: Marta, Josué, Federico e Sheila.
Despois, os compañeiros de 6ºB fixeron outras marionetas específicas para unha obra que representaaron no Día das Letras Galegas.

A obra titulábase Os tres desexos e trataba dun matrimonio, que, non eran moi felices, eran pobres e, tiñan envexa dos seus veciños.Un día aparecéuselles o mago Kuchuflú e concedeulles tres desexos e omatrimonio desaprobechounos.

martes, 6 de abril de 2010

DÍA INTERNACIONAL INFANTIL E XUVENIL



Redacción: Alumnos Xornalismo X2.

O IBBY promove desde 1965 a celebración do Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril), para homenaxear e conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen. Con tal motivo cada ano unha sección do IBBY elabora un cartel e unha mensaxe. A Organización Española Para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), exerce a representación en España do IBBY, e este ano tivo un papel fundamental na presentación do Día Internacional, pois foi en España onde se creou o cartel conmemorativo (por Noemí Villamuza), a lema e a mensaxe (por Eliacer Pousado), que podedes ver aquí. O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil é só unha escusa para lembrarnos que a maxia dos libros empeza a formar grandes lectores xa desde a infancia.

Biografía de Hans Christian Andersen

Hans Christian Andersen naceu o 2 de abril de 1805 en Odensee. Despois da morte do seu pai en 1816, ea súa nai casou novamente en 1819, só e deixa case sen recursos para probar a súa sorte, en Copenhague. Inicialmente sen éxito, pero a súa aventura en 1822, grazas ao interese do director de teatro Jonas Collin, recibe unha bolsa de estudos que lle permite continuar os seus estudos con regularidade. Ademais da licenciatura, a partir de 1830 comezou a publicar as súas primeiras historias. A súa reputación e mozos Jonas Collin axudar a darlle un subsidio de viaxe. Entre 1833 e 1834 visitas a Francia ea Italia. En 1835, xa no seu país, Andersen publicou a primeira edición dos seus contos para nenos:

O parrulo feo.
Este conto fala da historia dun parrulo que en realidade era un cisne pero como o seu ovo caera no niño dunha parrula, el e a parrula creron que eran nai e fillo, todos chamábanlle feo porque
pensaban que el tamén era un pato pero non era así...

O traxe novo do emperador.
O protagonista deste conto era un home tremendamente frívolo preocupado unicamente pola súa apariencia física e pola súa indumentaria para cada momento da xornada.
Un bo día chegaron ao seu reino un par de bribóns, grandes creativos canto á moda se refire, e fixeron correr polo palacio a voz de que tiñan na súa man o segredo para a elaboración dun traxe máxico, imperceptible antes os ollos dos homes vulgares, que tiña a virtude de facer invisible ao seu portador!!!

A sereíña.

A sereíña era unha princesa que gustáballe encontrar tesouros do mundo terrestre. Un día decidiu ir a pedirlle a bruxa que lle dera pernas para subir ao exterior todo isto fará que a sereíaña viva unha fermosa e apaixoante historia de amor cun príncipe humano.

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS:

Onde viven os monstruos
O libro conta a histora de Max, un neno moi inteligente, incomprendido e rebelde , que escapase da casa tras unha discusión coa súa nai .Pero non é unha fuxida calquera,pois Max se interna nun bosque misterioso creado pola súa propia imaxinación. O seu obxectivo:
Chegar á terra das Cousas Salvaxes, un lugar onde poderá facer travesuras para sempre.

O AUTOR: Maurice Sendak, fillo dunha familia xudía de orixe polaca, tivo unha infancia enfermiza. Segundo contou o autor, decidiu que sería ilustrador por influencia da película "Fantasía", de *Walt Disney.
A súa obra máis coñecida é o álbum Onde viven os monstros, publicado orixinalmente en 1963 e que segue sendo un éxito de vendas en todo o mundo. As súas imaxes son de gran riqueza visual e poder narrativo.

Filmes:
O PARRULO FEO
DISNEY COLECCIÓN ANIMACIÓN VOL. 5 (Estados Unidos)
SINOPSE: Por fin chegou o día no que os orgullosos pais darán a benvida a 4 perfectos patiños para a familia.Pero logo, o quinto patiño que sae do ovo non se parece en nada a os seus irmáns.

OS TRES PORQUIÑOS
DISNEY COLECCIÓN ANIMACIÓN VOL. 2 (Estados Unidos)
SINOPSE: Quén ten medo ao lobo feroz? eu non! Contestan os primeiros dous irmáns cando construen as suas novas casas: unha feita de palla e a outra de paus.

O PRÍNCIPE E O MENDIGO
DISNEY COLECCIÓN ANIMACIÓN VOL. 3 (Estados Unidos)
SINOPSE: Nun lonxano reino, dous rapaces, exactamente iguais, coñecense por casualidade e deciden intercambiar as suas vidas: un pobre chamado Mickey, que soña cunha vida de luxos, e o príncipe da coroa, que desexa poder ser tan libre como os seus súbditos.

BIBLIOTECAS VIRTUAIS DE LITERATURA INFANTIL:

lunes, 22 de marzo de 2010

Excursión científica á Coruña


O planetario en proceso de construcción.

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Redacción: Alexandra Crespo 6º B
O día 23 de febreiro de 2010 os alumnos de 6º do colexio a Xunqueira II fomos de excursión a Coruña a visitar o Planetario e a Domus.
Vimos aparellos do noso corpo, de comos somos, xogos, e poidemos deleitarnos cunha representación das estrelas, a reproducion humana, ver animais nun cine en 3D, experimentos, unha exposición de cunchas, unha incubadora de pitiños, alimentos…
Persoalmente votei unha cousa en falta: un guía para explicarnos cousas e aprender .
----------------------------------------------------------------------------------------------
VISITA Á DOMUS E Á CASA DAS CIENCIAS
Redacción: Marta Peláez Arosa 6º B

O día 23 de febreiro os alumnos de 6º fomos de excursión á Coruña para visitar varios museos científicos. Primeiro fomos á Domus, un museo onde se poden experimentar distintos modos de aprender sobre a ciencia. Alí vimos un documental en 3D sobre os monstros mariños na prehistoria. A continuación visitamos pola nosa conta as exposicións: Había unha delas que trataba sobre os sentidos, onde se podía adiviñar que estabas cheirando, tocando, degustando; Noutra se podía saber canto pesabas, medías, a lonxitude do teu brazo e moitas cousas máis; tamén podíase intentar bombear o sangue como fai o corazón e botar unha partida ao mintball, un xogo no que tes que deixar a mente en branco para conducir unha boliña á zona do opoñente. Ó medio día fomos ao Corte Inglés a comer. Pola tarde dirixímonos hacia a Casa das Ciencias e o Planetario que están no mesmo edificio. Primeiro subimos ao Planetario, onde un guía amosounos os segredos do espazo dándonos a coñecer as estrelas e as constelacións. Ir ao Planetario para min foi unha das mellores experiencias da excursión porque era impresionante estar sentado nunha butaca, mirar para arriba e ver todo o espazo.

Finalmente acabamos a sesión do Planetario e visitamos a Casa das Ciencias que é algo parecido á Domus, pero nesta todo é interactivo. Na Casa das Ciencias había un péndulo chamado o péndulo de Foucault que se utiliza para demostrar a rotación da terra. Tamén había un experimento que consistía en tirar dunha polea para levantar un pau de dentro dun espazo con auga e xabón, ao levantalo formábase unha burbulla xigante! Noutro tiñamos que virar unha roda para que saira aire dun tubo onde estaba apoiada unha pelota e a pelota elévabase (se pasabas a man por riba da abertura do tubo e por baixo da pelota, a pelota baixaba). Esta excursión gustoume moito porque gústame aprender xogando.

martes, 16 de marzo de 2010

DÍA DO PAI 2010



Redactores: Alumnos de xornalismo de A Xunqueira 2
Este Venres día 18 celebrase o día do pai e tamen e San Xosé.
Nos queríamos dedicarlles estes chistes, poemas e imaxes por
ser tan vos pais e coidarnos durante toda a nosa vida.

CHISTES DO DÍA DO PAI

Papá, papá, é verdade que os pais, saben máis que os nenos?
Claro Pepito, é verdade.
Ah, e dime papá, quen foi o inventor da imprenta?
O inventor da imprenta foi Gutenberg.
E entón por que non a inventou o papá de Gutenberg?
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Un neno dille ao papá:
Papa, papa, podo ver a tele?
E o papá contéstalle:
Vale fillo pero como se che ocorra acendela?
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Papá, papá, podes facerme os deberes de matemáticas?
Non fillo, non estaría ben.
Vale pero téntao ...



POEMAS PARA OS NOSOS PAIS

Querido pai quero darte as grazas
Por ser como es
Porque sei que me queres
e protexes
porque sei que comprendes
E me das os teus consexos
e os teus sabios reganos tamén os quero
É porque o teu agarimo é o mais sincero
Grazas por agasallarme un pai como ti
Por eso ámote, admírote e quérote
FELIZ DIA DO PAI.

Quérolle moito
coma a troita ao troito,
é o meu amigo
cando o necesito ,
é malo cando son malo
é bo cuando son bo,
é sabio cando é necesario
é o meu favorito porque son o seu fillo.

Aitor Alfonsín Barragáns

FRASES CÉLEBRES

Como é Pai así é o fillo.
Autor: Proverbio Latino

Prudente é o Pai é aoque coñece ao fillo.
Autor: William Shakespeare.

Ti sabes que tiveches un pai...!Que o teu fillo poida recoñecer tamén o mesmo!
Autor: William Shakespeare.

Un bo pai vale por cen mestres.
Autor: Jean-Jacques Rousseau

ENTREVISTA A FINA CASALDERREY


Redacción: Helena Jamardo, Carlos Deán, Federico Delapeña e María Lois Abal.

O mércores día 10 de marzo viu á Biblioteca de A xunqueira 2 a ecritora Fina Casalderrey. Disfrutamos moito da súa charla e para que poidades saber algo máis do que nos contou deixámosvos esta etrevista que lle fixemos.

HELENA.-A ti de pequena, gustábache ler? Pensabas que serías escritora?

FINA.-Eu daquela, xa vivía en Lérez e nin soñaba con escribir, moito menos en galego. Empecei a escribir obriñas de teatro par representar cos meus alumnos .
Estaba menos preparada que vós.
É guai saber ler!

CARLOS.- Recordas cantos libros tes escrito ao longo da túa vida? Tes algún favorito?
E podías decirnos un libro que che guste moito sen ser dos teus?

F.- O número exacto non o recordo, arredor de 50 publicados. Tamén hai relatos en libros colectivos.
Un dos libros meus que teño no corazón é “O estanque dos parrulos pobres”, outro que se volvese a escribirnon modificaría é “Dúas bágoas por máquina”.
Hai un libro que sempre me ven á mente “O principiño”. Seino de memoria. Cada vez que o leo dime cousas novas.
As palabras teñen maxia, teñen moita forza. Ás veces faiche chorar máis unha palabra que unha zurra no cú.

FEDERICO.-Das ilustracións dos teus libros... Cal é o ilustrador que máis che gusta? Cal é ao que máis coñeces?

F.- O que máis coñezo é Manuel Uhía que me ilustrou moitos libros. Tamén me gusta Noemí López que cun tema tan terrible como o de “Xela volveuse vampira” fixo cousas moi lindas. Tamén me gusta Patricia Castelao que ilustrou o de “ A Lagoa das nenas mudas” que acabades de ler.
Teño un problema: cando me gusta unha ilustradora ou ilustrador... Xa non busco outro!

MARÍA.- Como se che ocorreu a historia de “ A Lagoa das nenas mudas”? Está baseada nalgún feito real?

F.- Tiven unha alumna que case non falaba con ninguén. Falaba baixiño, baixiño...
E o resto imaxinabao eu.
Tamén chegaron ao meu centro de Marín dúas nenas bonitas como un sol, de Serra Leona , o primeiro día ao entrar na clase un neno berroulles: Negras! Aquilo pareceume que rascaba na alma por dentro. Ao neno, que no era moi listo, perdoeino enseguida...E todo isto influíu ao escribir esta historia.
Non estiven nese país pero lín moitísimo sobre él e notaba comoestivese alí. Vivín moitas cousas que conto alí...Pois imaxineinas.

MARÍA.- Deixamos para o final o libro que foi Premio Nacional de literatura “O misterio dos fillos de Lúa”.En que te inspiraches para escribilo?

F.- A miña tía, aquí presente, sabe que existiu unha gata que atopamos nun camiño. Cando ía ter gatiños chamaba por nós, miañaba para que estivesemos perto dela. Grabámola parindo. A gata estaba con dor, naceu un gatiño e ela xa o estaba acariñando aída que seguía coa dor do parto. Pareceume tan bonito que quixen poñelo nun libro!

Deste encontro con Fina Casalderrey soubemos que a súua tía é a profe Mari Carmen, a de ximnaxia.
Soubemos que anda atrapando palabras, palabras bonitas que brillen! E contounos unha historia na que vimos como unha frase final pode transformar unha historia noutra completamente diferente. Outro día contarémola!
Tamén dixo Fina que se pode vivir sen ler, temén se pode vivir sen amigos- hai xente que non os merece!
Pero é mellor ter amigos... como tamén .. é mellor ler!

domingo, 7 de marzo de 2010

GUERRA E PAZ



Redacción: Carlos Deán 6º A


Actualmente na Terra sófrese a guerra. As guerras non terminan nunca.
Case sempre as víctimas das guerras son os cívis e as persoas máis
desprotexidas. Detrás das guerras sempre hay intereses políticos e
económicos.
En distintos paises como Somalia ou Afganistán seguen en guerra.
A miña opinión sobre a guerra é que: gustaríame que acabase a guerra no mundo por que non me gustan as mortesnin que a xente sufra.

Entrevista a Ana Lorenzo Vidal, mestra do centro escolar A Xunqueira 2


Redacción: Paula e Amalia 5ºA

P.-Cantos anos levas no centro?
A.-Dende que comezou a funcionar fai 30 anos.

P.- En que curso das clase?
A.- En 5º curso.

P.- Nestes anos como profesora pasouche algunha anedota curiosa?
A.- Moitas. Daquela chamábanme Dona Ana. Un día veu un pai, e díxome:-É vostede Dona Ana?
-Sí son eu, respondinlle. O pai quedou sorprendido ó verme, pensou que tiña moño.

P.-Que significa para ti ter un xornal propio?
A.-Unha cousa moi importante para que poidan expresarse os alumnos.

P.-Cres que o xornal pode axudar aos alumnos a levar a práctica materias que dan na clase?
A.-Sí

P.-Xa comaezou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Con que actividade vai participar este ano o noso centro?
A.-Cun libro dedicado a cartas dende distintas cidades a FERBELLIÑO

P.-A pesar de existe internet,movil etc ti eres os que sigues mandando cartas?
A.-Si