lunes, 22 de marzo de 2010

Excursión científica á Coruña


O planetario en proceso de construcción.

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Redacción: Alexandra Crespo 6º B
O día 23 de febreiro de 2010 os alumnos de 6º do colexio a Xunqueira II fomos de excursión a Coruña a visitar o Planetario e a Domus.
Vimos aparellos do noso corpo, de comos somos, xogos, e poidemos deleitarnos cunha representación das estrelas, a reproducion humana, ver animais nun cine en 3D, experimentos, unha exposición de cunchas, unha incubadora de pitiños, alimentos…
Persoalmente votei unha cousa en falta: un guía para explicarnos cousas e aprender .
----------------------------------------------------------------------------------------------
VISITA Á DOMUS E Á CASA DAS CIENCIAS
Redacción: Marta Peláez Arosa 6º B

O día 23 de febreiro os alumnos de 6º fomos de excursión á Coruña para visitar varios museos científicos. Primeiro fomos á Domus, un museo onde se poden experimentar distintos modos de aprender sobre a ciencia. Alí vimos un documental en 3D sobre os monstros mariños na prehistoria. A continuación visitamos pola nosa conta as exposicións: Había unha delas que trataba sobre os sentidos, onde se podía adiviñar que estabas cheirando, tocando, degustando; Noutra se podía saber canto pesabas, medías, a lonxitude do teu brazo e moitas cousas máis; tamén podíase intentar bombear o sangue como fai o corazón e botar unha partida ao mintball, un xogo no que tes que deixar a mente en branco para conducir unha boliña á zona do opoñente. Ó medio día fomos ao Corte Inglés a comer. Pola tarde dirixímonos hacia a Casa das Ciencias e o Planetario que están no mesmo edificio. Primeiro subimos ao Planetario, onde un guía amosounos os segredos do espazo dándonos a coñecer as estrelas e as constelacións. Ir ao Planetario para min foi unha das mellores experiencias da excursión porque era impresionante estar sentado nunha butaca, mirar para arriba e ver todo o espazo.

Finalmente acabamos a sesión do Planetario e visitamos a Casa das Ciencias que é algo parecido á Domus, pero nesta todo é interactivo. Na Casa das Ciencias había un péndulo chamado o péndulo de Foucault que se utiliza para demostrar a rotación da terra. Tamén había un experimento que consistía en tirar dunha polea para levantar un pau de dentro dun espazo con auga e xabón, ao levantalo formábase unha burbulla xigante! Noutro tiñamos que virar unha roda para que saira aire dun tubo onde estaba apoiada unha pelota e a pelota elévabase (se pasabas a man por riba da abertura do tubo e por baixo da pelota, a pelota baixaba). Esta excursión gustoume moito porque gústame aprender xogando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario