Mostrando entradas con la etiqueta Entroido Pontevedra 2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido Pontevedra 2010. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de febrero de 2010

UN ENTROIDO CON MOITA PLUMA


Redacción: Amalia Alfonsín (5ºA)
Búsqueda de Imáxenes: Paula Bravo(5ºA) /Andrés Rabuñal(5ºB)

No Entroido de Pontevedra non enterramos unha sardiña como fan os demais pobos. Pontevedra é especial, enterramos a un Loro!!

O loro chamábase Ravachol e era a mascota dun boticario chamado Don Perfecto Feijoo, a súa botica estaba situada na Praza da Peregrina ao lado do edificio do Banco Santander.

Non pensedes que era un Loriño bo… non , non, todo o contrario. Cada ano
na cidade de Pontevedra o Ravachol vai disfrazado dun tema de actualidade. Este ano foi disfrazado de Policía Local, pola nova regra de tráfico que obriga a ir a 30 Kmh por toda Pontevedra.
O Entroido de Pontevedra duran máis que os doutros sitios de Galicia. Todos os entroidos duran ata o mércores de cinsa, pero en Pontevedra duran ata o venres, no que queiman ao loriño e imos todos de loito e chorando.

Que pena!